Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
 
Inicio | Observatorio | InformesEBarometro2002_III | Conexion    


Conexión a Internet no fogar: motivos polos que os usuarios non a teñen

O 17,6% dos galegos están conectados á Rede dende o seu fogar, a meirande parte deles concentrados no medio urbano. É esta unha cifra baixa en comparación co 40% dos europeos, segundo datos do Eurobarómetro do 2002. Ademais, a media de Europa vese penalizada ó ser o resultado da suma dos países máis e menos desenvolvidos. Para facernos unha idea, en Alemaña, un dos países máis avanzados, o 44% da poboación está conectada á Rede. A principal razón pola que os galegos non dispoñen de conexión a internet na casa é porque non a necesitan (31,8%). O alto custo dunha conexión é a segunda razón (25,7%), un dato preocupante, se temos en conta que en moitos países europeos considérase que 30 euros ó mes é un custo alto para unha conexión a Internet de banda ancha. O feito de non ter conexión no lugar onde viven ocupa o cuarto lugar desta lista, e está relacionado en grande medida cos problemas de dispersión xeográfica da realidade rural galega.


Conexión á Rede
Conexión á Rede


¿Por qué non ten conexión a Internet na casa?
¿Por qué non ten conexión a Internet na casa?

 
Observatorio


[Datos do informe]

[Ordenadores no fogar]

[A Conexión a Internet]

[Métodos de conexión]



     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión