Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
 
Inicio | Observatorio | InformesEBarometro2002_II | WebMarket    


Beneficios da venda e empresas con web

Como xa mencionamos na primeira parte do Informe e-Barómetro 2002 Empresas (/observatorio/informes/eBarometro2002_I), arredor dun 36,9% das empresas galegas dispoñen na actualidade de páxina web. Neste senso, do total de empresas da nosa comunidade, unha cifra moi pequena, só o 6,4%, realizan B2B ( Business to Business  ou negocio entre empresas). En canto a Europa, unha porcentaxe moito maior das PEMES teñen sitio web, arredor do 60%*, mentres que o 18% ofertan productos e/ou servicios (B2B) a través de Internet.

Dentro das empresas que realizan comercio electrónico, o 11,2% das PEMES provedoras galegas consideran que o principal beneficio desta canle de venda é a posibilidade de chegar a novos clientes ou provedores, opinión coa que concordan o 14% das empresas provedoras europeas. Pero só o 6% das empresas clientes galegas o ven así.

Outra das utilidades máis valoradas para o 8% das empresas provedoras galegas e para o 9% das europeas é a reducción de custos. Prantexada a mesma cuestión ás empresas galegas que mercan a través da Rede (clientes), este beneficio só é relevante para o 5%, pero tamén para o 13% das europeas. Esta diferencia pode deberse ós diferentes hábitos de compra electrónica que hai en Galicia e en Europa.

¿A súa empresa ten servicio B2B ou pensa incorporarse nos próximos 6 meses a proxectos deste tipo?
¿A súa empresa ten servicio B2B ou pensa incorporarse nos próximos 6 meses a proxectos deste tipo?


Empresas con páxina web
Empresas con páxina web

 
Observatorio


[Galicia - Europa]

[PC's e conexións]

[Acceso a Internet]

[Negocios e webs]

[Barreiras]



     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión