Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
 
Inicio | Observatorio | InformesEBarometro2002_II | AccesoInternet    


O método de acceso a Internet

Existen diversas variables que determinan a elección dun ou doutro método de conexión. A conexión por módem [?] en Galicia e Europa é equiparable. En Galicia fano o 26,4% das empresas, e en Europa o 27%. Pero as cousas cambian ó falar doutros métodos. No caso do RDSI [?], en Galicia emprégano o 28,9% das empresas, mentres que en Europa elíxeno o 46%. Para entender esta diferencia cómpre explicar que os países europeos máis ricos decantáronse nun principio polo polo RDSI [?] debido a maior calidade de acceso e rapidez.

Logo, cando chegou o ADSL [?], o RDSI [?] xa tiña os prezos implantados, e as empresas, satisfeitas, non cambiaron. En España o RDSI [?] era máis caro que en Europa e, axudado pola calidade, o ancho de banda e a tarifa plana, o ADSL [?] entrou con forza e desprazou ó RDSI [?].

Ademáis, os europeos utilizan máis redes privadas alugadas a grandes operadoras de telecomunicacións e conéctanse máis por GPRS [?] (GSM avanzado) que os galegos, isto é, o 1,1% das PEMES galegas utilizan redes privadas alugadas fronte a un 7% das europeas, a mesma cifra de empresas que usan o GSM en Europa. As redes alugadas son un bo método de conexión para conglomerados multinacionais e axudan a crear unha rede corporativa virtual.

Por último, en Galicia tan só un 0,4% das empresas navegan a través do seu móbil, un método aínda caro de máis para a nosa comunidade.

Métodos de Conexión a Internet das PEMES
Métodos de Conexión a Internet das PEMES

 
Observatorio


[Galicia - Europa]

[PC's e conexións]

[Acceso a Internet]

[Negocios e webs]

[Barreiras]



     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión