|
A evolución da PEME galega no tocante a Internet e o comercio electrónico experimentou un impulso nos dous últimos anos, se ben aínda queda un longo camiño por percorrer, segundo se desprende do e-BARÓMETRO sobre empresas desenvolvido polo Equipo de Investigacións Políticas e Sociolóxicas da USC.
No período comprendido entre o ano 2000 e o 2002, Galicia amosou un crecemento considerable no tocante ó emprego de Internet e o comercio electrónico nas PEMES (pequenas e medianas empresas) galegas. Os indicadores do Informe do Equipo de Investigacións Políticas e Sociolóxicas da USC así o amosan. O aumento de ordenadores persoais nas empresas rexistrou un lixeiro incremento do 94,8% ó 95,6%, que contrasta co forte crecemento de trece puntos (do 69,9% ata o 82,9%) nas empresas que teñen acceso a Internet. Neste eido, o despegue do ADSL [?] e do cable [?] en Galicia foi espectacular (incrementouse nun 22,5%), superando as conexións por módem [?]. A calidade e oancho de banda do ADSL [?] e o cable [?], xunto coa tarifa plana, foron argumentossuficientes para que moitas conexión, en detrimento do módem [?].
PRESENCIA NA REDE
Segundo se desprende do estudio, as empresas que teñen presencia en Internet e que dispoñen de páxina web seguen a medrar de xeito importante e similar ó das que se conectan a Rede. De feito, o 36,9% das PEMEs teñen agora sitio web propio, polo 24,5% que o tiñan hai dous anos. Sen embargo, estes datos de crecemento estáncanse á hora de falar de empresas que empregan Internet para facer negocio. Neste senso, das empresas entrevistadas, só unha pequena porcentaxe, o 8,4% (fronte o 6,2% do ano 2000), fan B2C, o que deixa ás claras o longo camiño que ten por diante Galicia neste eido. A continuación desglosamos algúns dos datos obtidos no tocante ó comercio electrónico en Galicia.
|