Consulta legal a empresas
|
|
As empresas galegas poden participar nunha consulta sobre a lexislación do negocio electrónico en Europa. O seu obxectivo é coñecer a experiencia das empresas e identificar os problemas legais que atopan no e-Business.
Trátase dunha iniciativa da Comisión Europea a través da Dirección Xeral da Empresa. Responde ás conclusións do Consello de Europa de marzo do 2003 no que se apuntou a necesidade de fortalecer o e-Business para facer da Unión Europea a economía baseada no coñecemento máis competitiva do mundo.
Os resultados da consulta serán discutidos nunha Conferencia Europea sobre lexislación do e-Business que terá lugar nos primeiros meses do 2004. Os resultados desta conferencia permitirán alcanzar un amplo consenso sobre as futuras políticas relativas ós negocios electrónicos.
As empresas poderán cubrir o cuestionario ata o 7 de novembro. Pode descargar o cuestionario pinchando sobre a seguinte imaxe:

As empresas que desexen realizar algún comentario poden envialo á dirección de correo entr-ict-e-business-law@cec.eu.int
|
|
|
|
Observatorio
|
|
| |
|
|
|
|
| |
|
|
|