Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
 
English :: Español
Inicio | Observatorio 


Observatorio do Centro de Competencias

O Observatorio do Centro de Competencias creouse para analizar as condicións nas que se atopa a pequena e mediana empresa galega, pero tamén a situación xeral do mercado para afrontar iniciativas de negocio electrónico.

O obxectivo deste área era coñecer a situación do mercado en materia de novas tecnoloxías, así como as infraestructuras que a empresa precisa incorporar á súa dinámica laboral e a incidencia de Internet en Galicia, tanto entre empresas como entre consumidores. Para isto, o Observatorio emitiu informes con información útil e estratéxica que poden axudar ás tomas de decisión das PEMES e institucións.

No proxecto participou o Equipo de Investigacións Políticas e Sociolóxicas da Universidade de Santiago de Compostela (USC), que é o autor dos estudios precisos para chegar a un coñecemento fiable no referido á implantación das novas tecnoloxías e ás dinámicas de comercio electrónico na nosa comunidade.

Ademais, contemplouse como un requisito básico a colaboración co resto dos observatorios tecnolóxicos que existen en Galicia:

- Observatorio TIC (www.observatoriotic.org),
- Observatorio Urbano do Eixo Atlántico
- Proxecto Sensitic (www.sensitic.org),
- Observatorio do Instituto Galego de Estatística (www.xunta.es).
 
Observatorio


[Informes eBarómetro]

[Outros informes]

[Lexislación sobre comercio-e]

[Os nosos enlaces]

[Informacións relacionadas]



     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión