O Goberno informou que destinará 6,3 millóns de euros nos próximos anos ao desenvolvemento de actuacións de difusión, divulgación e comunicación dos usos e vantaxes das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) no marco do Proxecto Avanza.
A Comisión Europea viuse forzada a ampliar as actuais normativas de IVE sobre comercio electrónico ata finais de 2008, debido a non atopar unha saída ao punto no que se encontra desde o punto de vista lexislativo.
Os datos que manexa a entidade pública empresarial Rede.é reflicten que máis da metade dos españois accedeu algunha vez a Internet, segundo asegurou o director xeral de dita entidade, Ramón Pazo, quen apuntou que a taxa de penetración de Internet avanza en España a un ritmo de case 10 puntos cada ano.
O organismo encargado da xestión dos dominios, ICANN, aprobou por unanimidade a creación dun novo nome de dominio de primeiro nivel para a comunicación por Internet, o '.tel'. Mediante este dominio, os usuarios poderán publicar e actualizar a súa información de contacto directamente no sistema de nome de dominio (DNS).
O informe ''Trends in Consumer Purchasing and Payment Behaviour in selected E-commerce Industries 200'' que firma Pago eTransaction Services (provedor internacional de servizos de pagos) ven de ser publicado. O estudo, que non ten carácter gratuito, é a única análise sobre comercio electrónico internacional baseada en transaccións de compras da vida real (non en enquisas).