Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
 
InicioFormacion | Empresarias    


Cursos de comercio electrónico para empresarias galegas nunha aula itinerante

O Centro de Competencias en Comercio Electrónico colabora no programa de formación a empresarias. Achegar o comercio electrónico ás mulleres empresarias ou interesadas no mundo da empresa é o obxectivo dos cursos gratuitos que organiza a Federación de Empresarias de Galicia (FEGA) en colaboración co Centro de Competencias en Comercio Electrónico de Galicia e Interdix. Este programa de formación está patrocinado polo Servicio Galego de Igualdade da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia. A Coruña, As Pontes, Vigo, Verín, Burela e Vilalba son as localidades escollidas para impartir este programa de formación, que durará ata novembro. Cada curso consta de 15 horas de duración, repartidas durante cinco días: de luns a venres en xornadas de mañán ou de tarde.

O calendario previsto dos cursos é o seguinte:

7 a 11 de xullo.- BURELA (Lugo)
14 a 18 de xullo.- VIGO
21 a 24 de xullo.- VERÍN (Ourense)
28 de xullo a 1 de agosto, VILALBA (Lugo)
13 a 17 de outubro.- A CORUÑA
20 a 24 de outubro.- AS PONTES ( A Coruña)

En total, serán unhas 240 mulleres empresarias destas seis localidades galegas as que se formarán en comercio electrónico a través desta Aula Virtual Itinerante; un autobús adaptado para o seu uso como aula de ensinanza que dispón de prazas para 20 alumnas e unha profesora. Este autobús, que conta con 11 ordenadores, conexión a internet vía satélite e aire acondicionado, pode funcionar como aula virtual itinerante, ciber, sala de proxección, sala de audición ou sala de xogos en calquera lugar de Galicia, independentemente da súas características e servicios. Os contidos destas xornadas centranse nos conceptos básicos do comercio electrónico, a relación de negocio entre empresas e entre empresa e consumidor, o marketing na Rede, a seguridade, os medios de pago, os aspectos xurídicos, a implantación actual e exemplos galegos que tiran proveito desta canle de negocio.
 
Formacion


[Titorial comercio-e]

[Calendario Cursos]

[Calendario Conferencias]

[Temario Cursos]

[Tríptico Cursos (pdf)]

[Profesorado]

[Institucións Colaboradoras]

[Máis sobre Formación]



     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión