|
2.- Conceptos básicos de comercio electrónico
2.1- ¿Que é o Comercio Electrónico?
Moitas veces, escoitamos o termo "comercio eléctronico"
empregado con diferentes acepcións e para referirse a diversas
formas de negocio. Sen embargo, o termo non sempre está ben
empregado. Disto trata a presente reportaxe: do que é e do
que non é o comercio electronico, a través dunha análise
das súas características e dunha ollada ás
vantaxes que aporta ós negocios empresariais.
O termo "comercio electrónico" é amplo
e presenta varias definicións, máis ou menos técnicas,
debido a que esta nova canle de venda evoluciona día a día.
Pero, deixando de lado a parte técnica, pódese definir
comercio electrónico como "calquera forma de transacción
ou intercambio de información comercial baseada na transmisión
de datos mediante redes de comunicación abertas, como Internet"
(estudio de situación do comercio electrónico en España
realizado para a Secretaría Xeral de Comunicacións
do Ministerio de Fomento). Este concepto de comercio-e non inclúe
só a compra e venda electrónica de bens, información
ou servicios, senón tamén o uso de Internet para actividades
anteriores ou posteriores á venda, como é a publicidade,
busca de información sobre productos, a negociación
entre o comprador e o vendedor, a atención ó cliente,
a loxística, a colaboración entre empresas, etc. Pola
súa banda, a OCDE (Organization for Co-operation and Development)
define o comercio electrónico como "o proceso electrónico
previo, a negociación, o funcionamiento e o proceso posterior
das transaccións de negocio entre os suxeitos comerciais".
Esta definición baséase en tres factores importantes,
que xuntos axudan a distinguir o comercio electrónico doutras
formas de transaccións comerciais: o factor tecnolóxico,
o proceso e a participación.
REQUISITOS
Cómpre sinalar que o comercio electrónico, entendido
como mercado, non se limita ó concepto de compra e venda
de productos on-line, é dicir, ademais de clientes, unha
empresa pode atopar na Rede compoñentes similares ós
do mercado tradicional, como os participantes (empresas, provedores,
intermediarios, tendas e consumidores), os productos e os procesos
(abastecemento, producción, marketing, distribución,
consumo, etc.).
A diferencia básica entre o comercio electrónico e
o tradicional é que estes compoñentes ou, cando menos,
un deles, son dixitais, virtuais ou online, e provocan cambios dende
a producción ó consumo, afectando ós procesos
das empresas e da sociedade. Os efectos sobre os procesos son, se
cadra, a clave da revolución que supón o comercio
electrónico.
ELEMENTOS
Para falar de comercio electrónico, unha empresa debe contemplar
os seguintes elementos:
- O producto.
- Unha solicitude electrónica.
- Un departamento de asistencia e soporte ó cliente e ó
provedor.
- Garantía dos productos.
NA PRÁCTICA
Imaxinemos que temos unha empresa que dispón dunha web con
información das características, prezos, formas de
pago, etc. dos seus productos e, ademais, admite a través
dun formulario a posibilidade de realizar pedidos vía e-mail.
Por unha banda, é fácil ver que esta empresa está
a facer "comercio", xa que realiza transaccións
con clientes e, por outra, utiliza medios electrónicos para
facer transaccións. Daquela, podemos dicir que a empresa
realiza comercio electrónico
PASOS
Sen embargo, este modelo básico de comercio-e non aproveita
plenamente as vantaxes que lle ofrece o medio. Existen solucións
tecnolóxicas sinxelas que permiten mellora-la eficiencia
do proceso de xestión. Falamos, por exemplo, dunha operación
xenérica que podería seguir os seguintes pasos:
1. Un cliente accede á web da empresa e introduce datos
referentes ó seu pedido nunha aplicación avanzada
de comercio electrónico.
2. A aplicación de xestión de pedidos conéctase
coa base de datos do almacén para examinar o número
de unidades de producto dispoñibles. Se non hai suficientes
productos, a aplicación xeraría un pedido electrónico
que se incorporaría na aplicación de pedidos ó
provedor (este paso dependerá da proceso que teña
implantado a empresa).
3. Unha vez verificada a dispoñibilidade de existencias
do producto, a aplicación xera un documento electrónico
para as correspondentes accións contables e de facturación.
4. Iníciase o proceso de cobro a través da pasarela
da entidade financeira que teña contratada.
5. Un novo documento electrónico con datos referentes á
orixe e ó destino da mercadoría será producido
para o correspondente transporte.
Incorporando estas novas ferramentas tecnolóxicas de xestión
empresarial o proceso é menos custoso, máis rápido
e hai menos probabilidade de errar. En definitiva, a empresa gaña
en eficiencia e amplía a súa competitividade
2.2- As Vantaxes do Comercio Electrónico
A empresa que decide ofertar os seus productosna Rede, ademais de
ter un escaparate visible durante tódalas horas do ano, vese
beneficiada por múltiples vantaxes:
- Reducción de intermediarios.
- Aumento da eficacia das actividades e establecemento de formas
dinámicas de cooperación con outras empresas.
- Axilización das operacións de negocio.
- Reducción de barreiras de acceso ós mercados actuais,
especialmente no caso das PEMES, e posibilidade de explotar novos
mercados con milleiros de clientes potenciais.
- Rapidez de actualización da información de productos
e servicios da empresa (promocións, ofertas, etc.).
- Simplificación de inventarios.
- Proximidade ós clientese maior interactividade e personalización
da oferta.
Para o consumidor, a principal vantaxe é que amplía
a súa capacidade de acceder ós productos e comparar
ofertas, permitíndolle tamén converterse en provedor
de información.
2.3- Modelos de comercio electrónico
No comercio electrónico participan como actores principais
as empresase e os consumidores.
Os tipos de comercio electrónico máis coñecidos
son dous:
Entre empresas ou B2B ( Business to Business):
Tipo de comercio electrónico no que as empresas implicadas
se relacionan a través dun sistema informático,
que proporciona osservicios necesarios para levar a cabo a transacción
entre as partes implicadas.
Entre empresa e consumidor ou B2C (Business to Consumer):
Tipo de comercio electrónico que comprende tódalas
relacións entre a empresa e o cliente final a través
dun portal de Internet, que proporciona os medios necesarios para
levar a cabo as relacións de información e venda,
principalmente. Prevese que o B2C teña un crecemento rápido
do seu volume de negocio nun futuro próximo.
2.4.- Marketplaces
¿Como pode unha PEME beneficiarse dos mercados virtuais?
Reducción de custos, melloras nos procesos internos, acceso
a máis provedores, productos e servicios e unha negociación
dinámica e transparente son algúns dos elementos da
proposta de valor que os marketplaces ou mercados dixitais ofrecen
ás PEMES.
Saber aproveitar estes servicios e ferramentas pode reducir os
custos xerais dunha empresa, así como aumentar a eficiencia
na comercialización de productos e servicios.
Un mercado dixital ou marketplace é un punto de encontro
na Rede onde diferentes participantes (compradores, vendedores e
provedores de servicios) realizan transaccións empresariais
de productos e/ou servicios, creando unha rede de mercados dixitais
e centrais corporativas.
O obxectivo dun marketplace é canalizar a oferta e a demanda
a través dunha web, de xeito que todos os participantes disfruten
dunha oferta de servicios de valor engadido relacionados co seu
negocio, obtendo os beneficios que dan as economías de escala.
Ademais das transaccións de compra-venda, nun marketplace
realízanse subastas directas (de venda) e inversas (de compra).
Ofrécense catálogos de productos e directorios de
empresas, ademais de servicios de valor engadido (como son a loxística,
servicios financeiros, de seguros, de información, etc.).
O valor dun marketplace increméntase segundo aumenta a cantidade
e calidade dos seus compradores e provedores. O máis habitual
é que nas condicións xerais dun mercado dixital se
inclúan as súas normas de participación e de
seguridade. Ás veces requírese un contrato ós
participantes e incluso o pago dos servicios.
Os mercados dixitais dan soporte a todos os servicios e facilita
documentación precisa para completar as operacións
de compra-venda. Os compradores poden comprobar precios e dispoñibilidades,
e os vendedores poden enviar facturas, entre outros servicios. As
posibilidades varían en función das opcións
ofrecidas por cada marketplace.
AS VANTAXES
As PEMES teñen nos marketplaces unha ferramenta moi útil
para incorporarse dunha maneira sinxela e efectiva ás novas
tecnoloxías. Cun custe relativamente baixo e unha infraestructura
tecnolóxica común e fiable, os marketplaces posibilitan
ás empresas o achegamento a ofertas que doutro xeito non
coñecerían. A clave deste tipo de mercado radica na
colaboración entre compradores e vendedores, que planifican
conxuntamente a demanda, os inventarios, os plans de producción,
etc. Este tipo de mercados axudan a mellorar as marxes de venda
en transaccións e impulsan a competitividade das PEMES.
Isto é: a concepción nun mesmo espacio virtual de
diferentes ofertantes e demandantes aumenta a eficiencia na comercialización
de productos e servicios, aforra tempo e outros custos á
hora de coñecer información sobre as ofertas do mercado,
e posibilita a adopción de diversas políticas, tanto
de prezos como de entregas entre provedores e clientes.
MODELOS DE PARTICIPACIÓN
Nun marketplace existen diferentes modelos de participación:
- A arbitraxe: casar ordes de compra-venda.
- O escaparate de productos ou catálogos.
- Agregador de portais verticais (adicados a un sector concreto
e onde se amosan noticias e catálogos).
- E-Procurement ou central de compras de aprovisionamento de bens
e servicios.
- Distribuidores.
- Parque empresarial (servicios básicos para negociación
e transacción).
- Metamediarios que proporcionan garantía de confianza
e servicios adicionais ás transaccións, como financiamento,
seguros, etc.
- Axentes de subastas.
- Anuncios breves de compra ou venda.
- Buscadores do mellor precio.
ONDE NOS METEMOS
Á hora de escoller un marketplace fiable, cómpre
facernos unha serie de cuestións:
¿Ten productos ou servicios do noso interese?
¿Adecúanse as ferramentas de comercio electrónico
ós procesos comerciais da nosa empresa?
¿Ten as garantías de seguridade e privacidade suficientes?
¿Ten solidez e reputación?
¿Intégrase facilmente ás aplicacións
informáticas da nosa empresa?
¿Que aforros agardamos obter?
¿Con que servicios diferenciais propios conta?
¿Cal é o seu volume de transaccións?
TIPOLOXÍA
Os mercados virtuais poden clasificarse, de xeito xeral, en marketplaces
horizontais (dan solucións e servicios a múltiples
sectores, como www.opciona.com)
e verticais (dan solucións a un sector determinado, como
www.consumalia.com ou www.plastia.com).
DE UTILIDADE
A Asociación Española de Comercio Electrónico
(AECE) constituiu unha comisión de traballo específica
cara os marketplaces, coa fin de fomentar o seu coñecemento
e establecer sinerxias entre as iniciativas do mercado. Tamén
buscan establecer estándares no ámbito tecnolóxico
e no terreo legal. A AECE está construíndo nestes
momentos un censo sobre os marketplaces en España.

Funcionamiento básico dun Marketplace
|