3.- O B2C
("Business to consumer" ou comercio cara o consumidor)
3.1.- PASOS

Paso 1: A petición do cliente
O cliente accede á tenda virtual e selecciona un dos productos
do catálogo. Posteriormente incorpórao ó carriño
da compra e mércao introducindo os seus datos e escollendo
a forma de pago. Finalmente, envía a súa petición.
Paso 2: A pasarela de pagos
Unha vez recibida o solicitude do cliente, a empresa rexistra o
pedido e procede ó cobro empregando a pasarela de pagos*.
Trátase de comprobar se os datos do pagamento do cliente
son correctos
* Pasarela de pagos - Sistema proporcionado por unha entidade financeira
a unha tenda virtual para xestionar os seus cobros en liña
con tarxetas de crédito e débito. Mediante a pasarela
procésanse e autorízanse as transaccións do
comerciante. Tamén se lle chama TPV Virtual, xa que ten a
mesma función que os terminais punto de venda situados nos
establecementos comerciais tradicionais
Paso 3: A conexión coa entidade financeira
Os datos que chegan á pasarela de pagos son contrastados
pola entidade financeira da tenda virtual. É o momento previo
á validación da operación.
Paso 5: Confirmación do pagamento
Chega a confirmación á tenda virtual (a través
da pasarela de pagos) da validez da operación e de que o
cobro pola venda se fará con normalidade. A entidade financeira
facilita á empresa a información precisa para continuar
coa operación.
Paso 6: Solicitude ó almacén
A tenda virtual solicita ó seu almacén que prepare
o producto mercado polo cliente. Trátase de preparar a mercadoría
para transportala ata o consumidor final.
Paso 7: Recollida da mercadoría no almacén
O operador loxístico (ben un courier ou outro sistema de
transporte empregado pola empresa) recolle a mercadoría no
almacén e prepara o reparto
Paso 8: Entrega ó consumidor final
O operador loxístico entrega ó consumidor final a
mercadoría solicitada. A satisfacción do cliente verase
cumprida en boa parte se os prazos de entrega foron respetados.
3.2.- Moreira & Cía: un exemplo de
B2C galego.
Empresa: Moreira & Cía.
Facturación anual: 24 millóns de euros.
Proxecto:
1. Intranet para comunicación interna da empresa.
2. Tenda de comercio electrónico e catálogo on line.
URL: www.moreira-cia.com
Investimento inicial no proxecto: 30.050 euros (5 millóns
de pesetas).
Formas de pago da tenda on line: Transferencia, contrarrembolso
e pago na tenda (previa reserva).
Loxística - distribución: SEUR
A empresa galega de venda de equipamento integral para baños
Moreira & Cía é un bo exemplo do aproveitamento
de Internet e as novas tecnoloxías para mellorar o seu proceso
de negocio e abrir unha nova canle de venda. Cunha inversión
inicial de 30.000 euros e a colaboración de Aaccentia Multimedia
(provedor), Moreira puxo en marcha unha web que agora aproveita
de dous xeitos ben distintos: como ferramenta interna de traballo
(intranet e como tenda on line de comercio electrónico (B2C)
cara ó consumidor final.
A intranet como ferramenta de aforro de custos e tempo
Moreira & Cía é unha empresa galega con 60 anos
de historia adicada á venda de equipamento integral para
o cuarto de baño, cerámicas, elementos de fontanería,
calefacción e materiais de construcción.
Actualmente emprega a máis de 110 persoas e conta con 8
delegacións en toda Galicia, 10 fontanerías e 6 almacéns.
Por iso, cando comenzou a funcionar a súa web, www.moreira-cia.com,
pensouse en que, ademais de outras funcións, poidese funcionar
como unha ferramenta de xestión interna, isto é, que
servise para coordina-lo traballo das distintas delegacións
e almacéns da firma. O obxectivo: mellorar a comunicación
interna na empresa. Así, naceu a intranet de Moreira, que
é unha ferramente para "rendibilizar aínda máis
a web da empresa", segundo explica o responsable de marketing,
Alejandro Vázquez.
A web de venda o público (B2C): www.moreira-cia.com
Moreira&Cía decidíu abrir unha nova canle de
venda cunha tenda de comercio electrónico coa convicción
de que Internet reportará "grandes negocios para a empresa".
Deste xeito, a web www.moreira-cia.com comenzou a medrar, ata converterse
nunha tenda on line de artigos para cuartos de baño (billas,
radiadores, cerámica...) orientada ó consumidor final.
Un dos primeiros aproveitamentos para o proceso da empresa foi o
emprego da web como catálogo. O persoal das 8 tendas coas
que conta Moreira&Cía en Galicia aproveita que na web
hai introducidas 600 referencias de productos e 1.000 fotografías
para lle amosar ó cliente o abano de opcións que ten
para mercar na súa empresa. Segundo di Agustín Moreira,
"é unha axuda ou complemento para o persoal de venda.
Debido á complexidade da venda on line dalgúns productos
sanitarios (amplia gama de billas, baños, complementos...),
as fichas técnicas da web coas medidas dos productos son
un complemento importante para ver alternativas e ampliar a información
ó cliente".
FERRAMENTA PROACTIVA
O feito de 'somerxer' ó cliente na páxina web de
Moreira fai que, na meirande parte dos casos, volva a visitala,
e mesmo complete a súa información a través
de Internet despois de facer unha visita á tenda física.
"Pretendíamos facer unha ferramenta proactiva. O máis
normal é que o cliente se volva conectar connosco e non o
perdamos", asegura o director de marketing de Moreira, Alejandro
Vázquez.
ESTÍMULO PARA A VENDA
Comparado co desembolso que lle supón a Moreira esta tenda
on line, a resposta de clientes está a ser máis que
satisfactoria: "Coa web temos unha tenda aberta as 24 horas
durante 365 días ó ano. Son numerosas as peticións
de orzamentos a través da web. Chégannos dende todos
os lugares. As vendas son menos, xa que son productos (os baños)
de difícil venda por Internet, aínda que estimulamos
o interés do cliente, que logo ven ás nosas tendas
á procura do producto que antes puido ver na nosa páxina
web", di Vázquez. Esta web foi desenvolvida pola empresa
Aaccentia Multimedia, que adoptou unha actitude proactiva con Moreira,
amosándolle as posibilidades que a tecnoloxía e Internet
lle ofrece a un negocio tradicional.
|