Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
 
English :: Español :: Português
InicioCooperacion | Proxectos    


PROXECTOS

Actualmente o Centro de Competencias está a xestionar accións de innovación, rexionais e europeas relacionadas coa investigación e o desenvolvemento nas novas tecnoloxías e comercio electrónico:


ICHNOS - Network of Regional Leveraging Centres for Business: INTERREG-IIIC.
www.ichnos-project.org
Participan: Ancitel Sardegna (operational body of ANCI Sardegna, the National Association of Municipalities - Chapter Sardinia), Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) – Centro de Competencias en Comercio Electrónico , Region Vysocina (Czech Republic)
[máis sobre ichnos]

VIDEMANIUM. Vídeo Baixo Demanda para o Patrimonio Galego: Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento. Xunta de Galicia. Programa de Tecnoloxías da Construcción e de Conservación do Patrimonio. Mellora da dispoñibilidade e accesibilidade a contidos audiovisuais sobre recursos patrimoniais galegos e ulterior explotación en vídeo baixo demanda (VoD) sobre redes de banda ancha e Internet.
En colaboración con LAMBDASTREAM SERVICIOS INTERACTIVOS S.L.
[ máis... ]

CIC-COMMERCE: Programa INTERREG IIIA. Proxecto para a adopción de Tecnoloxías da Información e Comunicación por parte do comercio minorista de Galicia e Norte de Portugal. En colaboración coa Xunta de Galicia.


Proxectos rematados:

e-MINDER - Information Society Technologies.V programa marco da Unión Europea.
O proxecto europeo e-MINDER fomenta e axuda ó desenvolvemento do comercio electrónico e das novas tecnoloxías entre as PEMES con unha Rede Europea Rexional de Centros de Competencias, que se activa cos Centros de Galicia, Pomerania (Polonia) e Chipre.
[ máis... ]

QualyTIC  - Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento. Xunta de Galicia. Programa de Sociedade da Información. Creación dunha metodoloxía de calificación da oferta empresarial baseada nun sistema de calificadores deseñados dende o punto de vista da demanda. En colaboración con EOSA CONSULTORES.
[ máis... ]

MRI. Mobilizar á rexion para a innovación - Programa INTERREG IIIA. A finalidade deste proxecto e desenvolver un ambiente favorable á innovación na euro-rexión Norte de Portugal-Galicia por vía da promoción da innovación e dos niveis de desenvolvemento tecnolóxico das actividades das empresas e infracstructuras tecnolóxicas rexionais.

e-AQUA - Programa INTERREG IIIB. Proxecto internacional no que participan institucións de España, Francia, Irlanda e o Reino Unido que analiza o uso das TIC polas empresas adicadas á acuicultura no Arco Atlántico. No proxecto realizaranse programas de formación e asesoramento ós empresarios na incorporación dos seus modelos de negocio.
[ máis... ]

COMERCI@ - Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento. Xunta de Galicia. Programa de Sociedade da Información. Iniciativa sobre os medios de pago e comercio electrónico no pequeno comercio que analiza as necesidades tecnolóxicas do comercio minorista en Galicia. En colaboración coa ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE EMPRESARIAS DE PONTEVEDRA e a UDC.
Informe: Análise de situación e necesidades do comercio minorista en Galicia [.pdf]


Xport - Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento. Xunta de Galicia. Programa de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións. Estudio de necesidades e xeración de recursos e ferramentas intelixentes en xestión de información e enxeñería lingüística para a mellora das empresas exportadoras galegas. En colaboración con IMAXIN SOFTWARE, S.C.

LUBI. Localización e Ubicación de Puntos de Entrega en Medios Semiurbanos e Rurais - Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento. Xunta de Galicia. Programa de Sociedade da Información. Estudio e resolución do problema dos servicios loxísticos en Galicia motivados pola dispersión xeográfica das poboacións galegas. O obxectivo é localizar e trazar a mellor ruta cara os puntos de entrega mediante sistemas de información xeográfica. En colaboración con GADISA.

Conta Satélite - Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento. Xunta de Galicia. Programa de Ciencias Sociais. Deseño e primeira aplicación dunha conta satélite do comercio electrónico en Galicia. En colaboración con DATECO CONSULTORES S.L.

SOFTAX - Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento. Xunta de Galicia. Programa de Sociedade da Información. Desenvolvemento de pasarelas de pagos de impostos multientidade para administracións públicas. En colaboración con SOFTGAL SERVICIOS DE SOFTWARE GALICIA, S.A.


Proxectos en fase de deseño e avaliación:

DESIRE - Digital Ecosystems in Regional Environments - Sexto Programa Marco da Unión Europea. Programa IST-SSA (Specific Support Action) - A meta de DESIRE é axudar a promover ecosistemas dixitais en entornos rexionais europeos. O proxecto emprega o enfoque da Innovación Aberta (Open Innovation), un paradigma emerxente que contempla a innovación coma unha actividade aberta e colaborativa na que as empresas comparten libremente coñecemento e tecnoloxía. Os principais obxectivos do proxecto son unha mellor comprensión do modelo de Innovación Aberta e das metodoloxías para afronta-los seus desafíos.
[ máis... ]

MOBIL-IST - Sexto Programa Marco da Unión Europea. Programa IST-SSA (Specific Support Action)  - Demostración e promoción para a adopción de resultados IST relativos ó uso e desenvolvemento de novos métodos de traballo, servicios, aplicacións e ambientes de colaboración para traballadores autónomos e PEMES nas rexións periféricas europeas.
 
Cooperacion


[Áreas de actividade]

[Liñas de interese I+D+I]

[Formulario detallado]



     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión