Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
 
English :: Español
InicioCooperacion | IDI    


Liñas da área de Investigación, Desenvolvemento e Innovación.

O Centro de Competencias en Comercio Electrónico de Galicia está interesado nas seguintes líñas de investigación, desenvolvememto e innovación para realizar futuros proxectos. Actualmente, o Centro está xa a traballar nalgunas destas liñas:
  • Análise dos fluxos económicos a partir das tablas INPUT / OUTPUT en rexións periféricas para identificar zonas de intercambio entre sectores económicos que ofrezan un especial potencial para realizar actividades de comercio electrónico.
  • Catalogación de factores de impacto na adopción de novas tecnoloxías e solucións de comercio electrónico entre as PEMES de rexións periféricas. Cuantificación do impacto de cada factor na rendabilidade da aplicación de solucións de comercio electrónico.
  • Posibilidades de utilización do software libre para o e-Business nas pequenas e medianas empresas. Plataformas. Modelos para a minimización dos custes de mantemento.
  • Análise e identificación de posibles nichos de mercado específicos (que non comús) de rexións periféricas europeas para a aplicación de TIC e solucións de comercio electrónico polas PEMES.
  • Análise de cara a definir unha metodoloxía de observación tecnolóxica para empresas e institucións usuarias das TIC e comercio electrónico. Trátase dunha metodoloxía para aplicar as TIC á innovación nas empresas. Os resultados desta línea de investigación poderían ser empregados directamente polas institucións pertencentes á rede, así como para a súa difusión e uso por empresas e institucións en xeral, tanto usuarias como provedoras.
  • Análise e avaliación da implantación e uso de ferramentas TIC aplicadas á innovación na xestión, producción e comercialización en empresas de rexións periféricas, así como identificar métodos de aplicación de solucións de comercio electrónico baseadas na integración con estas ferramentas.
  • Análise da oferta de servicios TIC para a súa catalogación e identificación de factores para a avaliación da calidade destes servicios. Identificación de etapas para o desenvolvemento dun proxecto de normalización e certificación de servicios TIC paneuropeo tomando como piloto as rexións europeas periféricas.
  • Análise das necesidades e condicionantes para a creación dun estándar europeo de interfaz funcional, de cara á normalizar o modelo de transacción electrónica e a súa operativa nos distintos contornos (B2B, B2C, etc.).
  • Análise para a identificación de factores e sectores de elevado potencial para a internacionalización da actividade económica das PEMES europeas de rexións periféricas, mediante a aplicación de solucións de comercio electrónico.
  • Innovación aberta (Open Innovation), redes colaborativas e  ecosistemas dixitais. Novos modelos e contornos colaborativos de traballo e soporte aplicados ás necesidades das pemes e as súas relacións con outras empresas ou organizacións públicas.
  • Fomentar a explotación e dispoñiblidade dos recursos culturais e turísticos galegos por medio da dixitalización e distribución dos mesmos a través de redes de banda ancha.

 
Cooperacion


[Areas de actividade]

[Proxectos]

[Formulario detallado]



     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión