|
|
A xeralización do emprego de Internet e a percepción das transaccións on-line como unha opción común axudarán ó desenvolvemento do comercio electrónico. Por iso cómpre desenvolver un labor de sensibilización e promoción das TIC e o negocio electrónico na nosa comunidade, dirixido tanto ás pequenas e medianas empresas como á sociedade en xeral.
Para conseguir este obxectivo, o Centro de Competencias valeuse de tres armas fundamentais:
- A revista e-negociogalicia, que con carácter mensual chegou a preto de sete mil empresas galegas durante os 14 números editados.
- A páxina web www.e-negociogalicia.com, que reflicte a través da Rede os contidos e a filosofía do Centro de Competencias de Galicia.
- Conferencias e cursos, que se celebraron nas sete principais cidades de Galicia.
O labor destas plataformas centrouse na difusión de contidos e coñecementos de utilidade para empresarios con inquedanzas no campo das novas tecnoloxías, á vez que fomenta ideas e iniciativas relacionadas con Internet nas empresas que pertencen á chamada "economía tradicional".
|
|
|
|
Comunicacion
|
|
| |
|
|
|
|
| |
|
|
|