|
O proxecto europeo e-MINDER,
no que se encadra o Centro de Competencias
en Comercio Electrónico, chegou ó
seu remate. Con el finalizan as actividades
das áreas de observatorio, formación,
soporte e comunicación, se ben o
Centro seguirá desenvolvendo novos
proxectos de innovación. Como parte
das súas accións, o Boletín
de comercio electrónico remata hoxe
a súa andanza, facendo un pequeno
resume das catro áreas de traballo
do Centro.
Durante os seus case oito meses de vida,
este Boletín tratou de resumir a
actualidade do comercio a través
de Internet e, sobre todo difundiu novas
e iniciativas de ámbito galego. Agardamos
que fose de utilidade para os seus subscritores.
O equipo do Centro de Competencias agradece sinceramente
o apoio e a colaboración de tódolos
seus usuarios e lectores.
|