Centro de Competencias en Comercio Electrónico Proxecto e-minder Arquivo de boletins do Centro de Competencias




Boletín de Comercio Electrónico 03-11-03
>>Bitnis.com impulsa ó sector inmobiliario a entrar na Rede
Unha nova compañía galega ofrece os seus servicios desde e para a Rede. Trátase de Bitnis.com, especialista en deseño web e no desenvolvemento de programas para promover e facilitar o acceso a Internet da empresa do sector inmobiliario.

>>Libreiros de toda España únense para vender a través da Rede
A implantación de Cegalnet, un sistema de mediación e xestión do libro a través de Internet suporá a finais de ano a unión de cincocentas librerías españolas, das cales 67 son galegas. A Confederación Española de Gremios e Asociacións de
Libreiros (Cegal) iniciou hai tres anos esta «ferramenta de negocio».

>>Amplíase a cuantía total do Programa de Emprendedores de Galicia
O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) amplía o límite de crédito dispoñible do Programa Emprendedores para os anos 2003 e 2004. Destinarase ao ano 2003 a cuantía total de 72.000 euros e para o 2004, 13.000 euros.

>>O Centro de Competencias, nun congreso sobre políticas de comercio-e
O Congreso, que tivo lugar en París a finais de outubro, reuniu a representantes da Comisión Europea e a expertos en políticas de comercio-e. O Centro de Competencias en Comercio-e achegou a súa experiencia e participou no debate obre políticas de comercio-e rexionais e eficientes dirixidas a PEMES.

>>O MCYT permitirá rexistrar os dominios de terceiro nivel ".es" a nove euros
O Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía permitirá aos usuarios rexistrar dominios de Internet de terceiro nivel a un prezo de nove euros. A solicitude poderase realizar durante o SIMO (Feira Internacional de Informática, Multimedia e Comunicacións) ou nas webs de Red.es e Nic.es.

O DATO

>>Os internautas galegos fan compras pequenas na Rede
A maior parte dos galegos que compran pola Rede deixan poucos euros nas súas transaccións, segundo o último informe e-Barómetro Usuarios 2003. Son compras de pouco importe, que probablemente se deban a que o tipo de productos que se mercan son de lecer, como entradas, CD´s ou publicacións.

INICIATIVA DA SEMANA

>>Manuelhortas.com, especialista en productos do mar
A empresa Manuel Hortas Canosa naceu hai máis de 25 anos como un proxecto especializado na exportación de peixes e mariscos. Actualmente, o cliente pode mercar a través da súa web, reducindo o tempo de resposta unha vez feito o encargo. Ademais, pode consultar o estado do seu pedido on line.
www.manuelhortas.com

Baixa

Alta

Información

Suxestións

Solicitar revista