Centro de Competencias en Comercio Electrónico Proxecto e-minder Arquivo de boletins do Centro de Competencias




Boletín de Comercio Electrónico 20-10-03
>> Lugo Emprende asesorará ós industriais a través da Rede
A páxina web de Lugo Emprende, presentada oficialmente o pasado 16 de outubro, ten como obxectivo fomentar a creación de empresas e, para iso, conta con servicios como o asesoramento técnico a industriais.

>>O turismo electrónico en Europa xerará este ano 12.000 millóns de euros
Durante a Conferencia Internacional e-Tourism Europe 2003 sinalouse que o turismo electrónico en Europa xerará este ano un volume de negocio de 12.000 millóns de euros, o que supón un 50% máis que no 2002. Sen embargo, non todos os segmentos se beneficiarán igual deste "boom on line".

>>A Cámara de Madrid asesora ás PEMES para o seu cambio tecnolóxico
O programa SUMA, posto en marcha pola Cámara de Comercio de Madrid, analiza as necesidades tecnolóxicas das PEMES madrileñas, orientándoas naas solucións que Internet e as novas tecnoloxías lles poden brindar.

>>Un 85% das compras on line páganse con tarxeta en España
Segundo datos da Comisión do Mercado das Telecomunicacións, máis do 85% das compras on line en España páganse con tarxeta de crédito ou débito. Esta cifra é moi alta se se ten en conta que a finais de 2002 os pagos con tarxeta supoñían o 53% dos casos.

>>Segue aberta a consulta da Comisión Europea a empresas que fan comercio-e
A Dirección Xeral de Empresa da Comisión Europea desexa coñecer a experiencia das empresas europeas que están a aplicar unha estratexia de comercio electrónico. Para iso, anima a todas as PEMES do sector a cubrir un formulario, co fin de recopilar información e experiencias prácticas do mercado.

O DATO

>>O 19% dos fogares galegos, conectados a Internet
Máis do 19% dos fogares galegos están conectados á Rede, 1,5 puntos por enriba do ano 2002. Ademais, preto do 40% dos fogares teñen polo menos un ordenador persoal, case un 2% máis que o ano pasado. Son datos do e-Barómetro 2003 Usuarios, que proximamente se publicará na revista e-negociogalicia.

INICIATIVA DA SEMANA

>>Unitenda.com: a Universidade apúntase ó comercio electrónico
Unitenda, a tenda virtual da Universidade de Santiago de Compostela (USC) que naceu no 2001, adaptou a súa estratexia ás características de Internet e obtivo uns excelentes resultados. Así o amosan os 200.000 euros de facturación acadados durante o ano 2002.
www.unitenda.com

Baixa

Alta

Información

Suxestións

Solicitar revista