Centro de Competencias en Comercio Electrónico Proxecto e-minder Arquivo de boletins do Centro de Competencias




Boletín de Comercio Electrónico 13-10-03
>>Unha web galega presta servicios sms a empresas
Consms.com é unha nova plataforma de El Muelle Servicios Hosting, empresa radicada na Pobra, que dá servicio a empresas e medios de comunicación a través de SMS. Entre os servicios que ofrece a web, figuran sms tv, plataforma on-line de chat vía tv, sms radio, sorteos, votacións, enquisas, etc.

>>A web do concello de Vigo incorpora o pagamento de recibos on line
A web municipal de Vigo acaba de incorporar o servicio de pagamento de recibos a través da Rede. A partir de agora, os vigueses poderán aboar os seus recibos das taxas e impostos municipais mediante o uso do pagamento electrónico.

>>O IGAPE concede axudas á incorporación da sociedade da información
O Ministerio de Economía e o Igape, ao amparo do Plan de Consolidación e Competitividade da Peme (PCCP), aprobou cun importe de 7,5 millóns de euros un total de 38 proxectos, destinados a favorecer a incorporación da Sociedade da Información na xestión empresarial.

>>O 14% dos internautas que navegan desde o fogar mercan pola Rede
As compras pola Rede non chegan ó 14% dos internautas que navegan desde o fogar, segundo os resultados dunha enquisa sobre o uso de servicios de telecomunicacións, televisión de pago e Internet nos fogares encargada pola Comisión do Mercado das Telecomunicacións (CMT).

>>Últimos cursos de comercio-e para empresarias galegas nunha aula itinerante
O Centro de Competencias continúa colaborando co Programa de Formación a Empresarias organizado pola Federación de Empresarias de Galicia (FEGA). Esta semana, a aula itinerante onde se imparten os cursos está en A Coruña, e a semana que vén estará en As Pontes.

O DATO

>>O 1,40% da poboación galega adulta mercou on line no 2002
O 1,40% da poboación galega de 18 ou máis anos fixo algunha compra pola Rede, segundo datos da "Enquisa de Condicións de vida das familias. Novas Tecnoloxías. Ano 2002" elaborada polo Instituto Galego de Estatística (IGE). Así, case o 7% das persoas que se conectaron a Internet no 2002 mercaron algo empregando o comercio-e.

INICIATIVA DA SEMANA

>>A proxección internacional de Artesanía La Galaica
Corrían os anos cincuenta cando José Manuel Escrich fundou a empresa Artesanía La Galaica, especializada na talla, pulido, gravado e transformación do cristal. En 1993, créouse unha web co fin de amosar os productos, unha páxina moi sinxela que serviu de base para a web actual.
www.lagalaica.es

Baixa

Alta

Información

Suxestións

Solicitar revista