|
Boletín de Comercio Electrónico 29-09-03 |
|
>>Elena Anca, de Viajespaco.com: "A Rede é o noso principal medio de traballo"
A axencia galega de viaxes Viajes Paco acaba de renovar a súa web. Gracias á Rede a empresa pode "estar dispoñible para o curioso, para o interesado, para o potencial cliente, para o que xa o é e incluso para os nosos provedores", como sinala Elena Anca, unha das súas responsables.
>>Alternativa Editorial vendeu 43.000 libros pola rede
A editorial galega Alternativa Editorial naceu para facilitar a publicación e distribución de obras orixinais e inéditas de novos autores. Entre abril de 2002 e xuño de 2003 venderon 43.000 exemplares pola Rede, case a metade deles a América.
>>O 6,8% das PEMES españolas fan B2B
Este é un dos resultados do estudio que a Asociación Española de Comercio Electrónico (AECE) vén de facer sobre a aplicación práctica do comercio electrónico entre empresas (B2B) nas PEMES españolas.
>>As Cámaras e a UE subvencionarán as PEMES en novas tecnoloxías
As Cámaras de Comercio financiarán o 83% do custo dun paquete de servizos on line e equipos informáticos para máis de 1.800 PEMES, microPEMES e autónomos, gracias ó programa "NexoPyme". Este programa conta cunha dotación de 11´9 millóns de euros, dos cales o 50% proveñen dos fondos Feder da Unión Europea.
>>Case o 7% dos internautas galegos mercaron pola Rede no 2002
O dato despréndese da "Enquisa de Condicións de Vida das Familias. Novas Tecnoloxías. Ano 2002", elaborado polo Instituto Galego de Estatística (IGE). O estudio tamén apunta que o 18,66% dos galegos de cinco ou máis anos conectáronse a Internet durante o 2002.
>>Aberto o prazo de inscrición para o foro GaliciaTIC
Durante os días 6, 7 e 8 de outubro terá lugar en Santiago o foro das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións GaliciaTIC, onde participarán empresas e profesionais do sector.
|
|
| |
|
|
|
|
O DATO
>>¿Que vantaxes ten para a súa empresa o comercio electrónico?
As empresas "clientes" destacan que a principal vantaxe do comercio electrónico é a posibilidade de acceder a máis productos, mentres que as empresas provedoras destacan a mellora da imaxe corporativa, segundo o Informe e-Barómetro 2003. A reducción de custos ou a posibilidade de crecer internacionalmente son aínda pouco valoradas.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
INICIATIVA DA SEMANA
>>Bricolink.com: unha empresa familiar na Rede
A empresa familiar José Antonio Freire y Josvy S.L. leva máis de 25 anos adicada á súa ferretería en Valdoviño (A Coruña). A mediados do 2000 decidiron abrir unha nova área de negocio a través de Internet, e así crearon Bricolink.com, coa idea de experimentar no campo do comercio-e e abrir novos mercados. www.bricolink.com
|
|
|
|
|
|
|
|
|