|
Boletín de Comercio Electrónico 11-08-03 |
|
>>Taller de comercio electrónico para empresarios en A Coruña
O Centro de Competencias celebra en A Coruña o 5 de setembro un taller de comercio electrónico para empresarios, en colaboración coa Asociación Marineda de Xóvenes Empresarios. A xornada terá unha duración de dúas horas e tratará aspectos introductorios do comercio-e. Máis información na web do Centro.
>>As empresas demandan información on line cara a súa internacionalización
As empresas españolas interesadas en iniciar procesos de internacionalización empregan a Rede como un dos xeitos preferidos para obter información. As casi 400 mil visitas recibidas pola ferramenta web sobre importación e exportación das cámaras de comercio así o amosan.
>>O comprador on line prefire as tendas electrónicas con buscador de compra
A maioría dos usuarios que mercan pola Rede valoran máis as tendas electrónicas que teñen un buscador para facilitarlle a compra. Así o sinala un estudio realizado pola Universidade Miguel Hernández de Elche que analiza o comportamento do cliente on line.
>>O medo a mercar en Internet, principal barreira ó comercio electrónico
A reticencia do consumidor a mercar pola Rede é o principal freo ó desenvolvemento do comercio electrónico, segundo sinalan o 70% empresas enquisadas no Estudio sobre as Barreiras Sectoriais para a Venda Electrónica realizado polas Cámaras de Comercio.
>>Sae á luz o novo número de e-negociogalicia
A Rede como canle de internacionalización das PEMES galegas, a segunda parte do Informe e-Barómetro Empresas e unha entrevista ó director de negocio on line de El Corte Inglés centran os contidos do número 13 da revista e-negociogalicia.
>> O boletín electrónico de comercio-e tamén se vai de vacacións O boletín electrónico de comercio-e vai estar de vacacións as próximas semanas. En setembro retomará a súa actividade normal para lle levar as novidades do comercio-e en Galicia.
|
|
| |
|
|
|
|
O DATO
>>O B2B subiu medio punto no 2002 entre as empresas galegas
O 6,8 por cento das empresas galegas fan negocios B2B a través da Rede, é dicir, transaccións con outras empresas por Internet. Ademais, o 5,7% das empresas teñen en proxecto tirar proveito desta canle de negocio nos vindeiros meses. Estas cifras amosan un lixeiro crecemento dende o 2002.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
INICIATIVA DA SEMANA
>>Pergamo: de páxina web corporativa a nova canle de venda
A web da libraría Pérgamo pasou de ter inicialmente un carácter meramente publicitario a convertirse nunha auténtica canle de venda para o negocio. Segundo o seu xerente, Francisco Rodríguez, os clientes "están a responder dun xeito impresionante dende os lugares máis inesperados". www.pergamo.com
|
|
|
|
|
|
|
|
|