Centro de Competencias en Comercio Electrónico Proxecto e-minder Arquivo de boletins do Centro de Competencias




Boletín de Comercio Electrónico 28-07-03
>>Auto Moto Ocasión nace con 700 referencias no seu buscador
Dende principios de xullo os galegos que queiran mercar un coche de segunda man teñen unha ferramenta de axuda na nova web de Auto Moto Ocasión. O obxectivo desta iniciativa é concentrar todas as ofertas dos concesionarios de vehículos de ocasión de Galicia.

>>A nova lonxa de A Coruña permitirá a poxa electrónica
O pasado luns inaugurouse a nova lonxa do porto de A Coruña, que conta cun moderno sistema de xestión que permite a compravenda electrónica en tempo real. Prevese que o sistema comence a funcionar a finais de outubro.

>>Imaxes de tatuaxes e piercing on line a través dunha mensaxe de móbil
A empresa galega Visual Publinet lanza un novidoso servicio a través da páxina web www.tatuajesypiercing.com A páxina contén perto de 7.000 imaxes de tatuaxes e piercing ás que se pode acceder enviando unha mensaxe de móbil.

>>Infocruceros.com redeseña a súa web e acada 10.000 visitas mensuais
Completamente redeseñada, con novos contidos e co tirón da tempada alta do turismo en España, a páxina web galega Infocruceros.com experimenta un despegue en número de visitas e calidade dos seus servicios.

>>O pago por móbil non crece o agardado
Actualmente, o pago por móbil non está cumprindo as optimistas expectativas que se prevían hai ano e medio. Sen embargo, os expertos agardan que no ano 2005 o pago por móbil mova perto de 200.000 millóns de euros.

>>O Centro de Competencias publica un titorial de comercio-e na súa web
A través deste titorial, o Centro de Competencias pón a disposición dos seus usuarios os contidos do curso de comercio electrónico que elaborou para o "Ciclo Formativo para Empresarias", organizado pola Federación Galega de Empresarias.

O DATO

>>e-Barómetro: Medra o B2C en Galicia respecto ó ano pasado
Segundo o informe e-Barómetro 2003, só o 9,3% das empresas galegas inclúen na súa páxina web servicios B2C, é dicir, comercio electrónico cara o consumidor final. As PEMES galegas que realizaban B2C o ano pasado representaban un 8,4%, o que confirma esta canle de negocio como unha das de máis proxección entre as PEMEs galegas.

INICIATIVA DA SEMANA

>>Sibariasite.com aposta polos licores da nosa terra
A sociedade Sibaria Selección S.L., nacida en Petín (Ourense) no 2001, deu paso á web Sibariasite.com, adicada á venda de licores tradicionais. O licor café e a augardente elaboradas a partir de recetas típicas galegas son os productos estrela desta web. Sibariasite non conta con tenda física.

Baixa

Alta

Información

Suxestións

Solicitar revista