Centro de Competencias en Comercio Electrónico Proxecto e-minder Arquivo de boletins do Centro de Competencias




Boletín de Comercio Electrónico 07-07-03
>>Os productos de Controlp, presentes en importantes páxinas web
Controlp, empresa ourensá dedicada á venda de material informático, asinou un acordo con CB Networks, compañía provedora de solucións de comercio electrónico. Gracias a esta firma, os internautas poden mercar os productos de Controlp a través de importantes portais e páxinas web nacionais. www.controlp.com

>>A coruñesa Planet Lingua xestiona pola Rede a traducción de 30 idiomas
Planet Lingua é unha empresa provedora de solucións lingüísticas, como traduccións e interpretacións. A compañía xestiona a través da Rede o contacto cos seus clientes e cos seus traballadores dispersos polo mundo. www.planetlingua.com

>>O portal da pedra Alwaystone continúa crecendo
O portal galego Alwaystone vén de asinar varios convenios de colaboración con institucións galegas e españolas do sector da pedra. Estes acordos permitiranlle ampliar os contidos que xa ofrece ós seus clientes na Rede. www.alwaystone.com

>>Iberia.com aumenta nun 80% as súas vendas durante o primeiro semestre
As compras realizadas a través da web de Iberia superaron no primeiro semestre deste ano os 77 millóns de euros, o que supón un incremento do 80% con respecto ó 2002. O incremento das vendas de "cibertickets" foi moi importante para lograr estes resultados.

>>Curso de comercio electrónico para PEMEs en Santiago
Do 15 ó 17 de xullo celebrarase en Santiago o derradeiro curso de comercio electrónico que organiza o Centro de Competencias nesta cidade. O curso é gratuíto e diríxese a directivos e persoal das PEMEs galegas. As inscricións están abertas e poden facerse a través da web do Centro.

>>O proxecto e-MINDER presentará resultados en Bruselas
O proxecto europeo e-MINDER, no cal se enmarca o Centro de Competencias, presentará os resultados acadados nunha conferencia en Bruselas o 17 de xullo. A xornada contará cos socios europeos do proxecto: Galicia, Chipre e Pomerania (Polonia), que implantaron un centro de competencias en comercio-e. www.eminderproject.com

O DATO

>>Máis da metade dos galegos escollen a "tarifa plana"
O 57,10% das conexións a Rede dos fogares galegos son de "tarifa plana". Os usuarios deste tipo de conexións pagan unha cuota mensual fixa, indepentemente das horas de conexión. Na maioría dos países europeos as conexións a Internet inclúen o concepto de "tarifa plana" no seu contrato.

INICIATIVA DA SEMANA

>>Mundopesca.org, portal da pesca e a acuicultura galegas
www.mundopesca.org nace para potenciar os sectores pesqueiro e acuícula galegos a través da Rede. O portal ofrece dominios, contas de correo electrónico e aloxamento para as páxinas web dos asociados. Lonxanet, a Fundación CETMAR e a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos atópanse entre os seus socios fundadores.

Baixa

Alta

Información

Suxestións

Solicitar revista