|
Boletín de Comercio Electrónico 23-06-03 |
|
>>Elpote.es vende artigos de regalo e para o fogar dende A Coruña
El Pote dá o salto a Rede cunha web que inclúe tenda virtual e un servicio electrónico de listas de voda. Cubrindo un formulario, o visitante pode ademais recibir un orzamento persoalizado para unha reforma da decoración da súa casa.
>>A anulación de pagos con tarxeta, principal escollo de Galifoca para a implantación da pasarela de pagos
A web da empresa de fontanería, calefacción e gas canalizado www.galifoca.es conta cunha extranet na que os seus clientes poden facer pedidos, aínda que non ten implantada a pasarela de pagos. Segundo o responsable de administración de Galifoca, Manuel Porteiro, a empresa retrasou a incorporación desta opción polos problemas que teñen detectado nos pagos con tarxetas e na anulación dos cargos destas compras.
>> 160 establecementos do Mercado de Santiago venden a través da Rede
O escaparate virtual da Praza de Abastos de Compostela acolle a 160 dos 190 negocios do Mercado, que expoñen e venden os seus productos a través da súa recén estreada páxina web, www.mercadodeabastosdesantiago.com . O pago realízase no momento da entrega dos pedidos.
>>Unha nova tarxeta de prepago asegura as pequenas transaccións pola Rede
Morso é unha tarxeta que permite pagar en Internet pequenas cantidades, ata 20 euros, dun xeito anónimo, sinxelo e seguro. Para mercar con ela, a web debe estar adherida ó sistema de pago Morsopay.
>>Amazon bate récord de vendas on line co novo libro de Harry Potter
Amazon.com vendeu por Internet máis de 1,3 millóns de copias da última parte da saga "Harry Potter" no seu primeiro día de comercialización, o pasado sábado 21 de xuño. A compañía con base en Seattle logra así o maior récord de vendas dun só producto na historia do comercio electrónico.
>>Derradeiro curso de comercio electrónico para PEMEs en Santiago
Do 15 ó 17 de xullo terá lugar en Santiago o derradeiro curso de comercio electrónico nesta cidade organizado polo Centro de Competencias dentro do seu programa de formación 2003. O curso, de carácter gratuíto, está dirixido a directivos e persoal de PEMEs. As inscricións poden facerse na web do Centro.
|
|
| |
|
|
|
|
O DATO
>>O 17,6% dos galegos están conectados a Internet
O 17,6% dos galegos teñen conexión a Internet, segundo o informe e-Barómetro 2002 de usuarios. Trátase dunha cifra baixa en comparación coa media de conexións á Rede da Unión Europea, que co 40% dos fogares conectados duplicaa media galega. En Alemaña, por exemplo, o 44 por cento da poboación está conectada.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
INICIATIVA DA SEMANA
>>Gaitas para Alaska dende Arco Iris Musical
Arco Iris Musical é unha tenda que naceu en Lugo hai 60 anos e que dende finais dos 90 vende instrumentos da música tradicional galega a través da Rede. A web non conta con pasarela de pagos, pero os productos pódense solicitar por correo electrónico. Cada día reciben dous ou tres pedidos de todo o mundo. www.arcoirismusic.com
|
|
|
|
|
|
|
|
|