|
| |
|
|
|
|
O DATO
>>A falla de confianza, principal barreira para o comercio-e
A falla de confianza por parte das empresas é a principal barreira para o desenvolvemento na nosa comunidade do comercio electrónico, segundo o 51,3% das PEMEs galegas, que din non confiar na seguridade das transaccións on line. Outras barreiras sinaladas foron a incertidume sobre a calidade dos productos (segundo o 46,5% das empresas) e a ausencia de lexislación nas transaccións electrónicas (segundo o 39%).
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
INICIATIVA DA SEMANA
>>Alwaystone, o portal galego da pedra natural, internacionalízase
Alwaystone.com naceu no ano 2001 como un proxecto dirixido tanto a profesionais e técnicos como ás persoas interesadas no mundo da pedra natural. Recentemente comezou o seu proceso de expansión introducindo versións en inglés e francés. Co fin de adecuar alwaystone.com ós diferentes países, crearanse mercados adaptados dentro da plataforma.
|
|
|
|
|
|
|
|
|