Centro de Competencias en Comercio Electrónico Proxecto e-minder Arquivo de boletins do Centro de Competencias




Boletín de Comercio Electrónico 02-06-03
>>infocruceros.com: unha web galega pioneira no mercado en castelán
Os afeccionados ós cruceiros poden atopar en www.infocruceros.com un lugar onde intercambiar experiencias. Nos EEUU hai xa varias páxinas sobre a temática, pero esta iniciativa galega é pioneira no noso país.

>>A páxina do Sergas acadou 1.045.000 visitas nos seus tres anos na Rede
Os múltiples servicios que ofrece a páxina do Servicio Galego de Saúde (Sergas), entre eles a posibilidade de pedir unha cita co médico a través da Rede, fan desta páxina unha das máis visitadas de todas as da Administración galega. A web do Sergas botou a andar a comezos do 2000.

>>A seguridade en Internet será un dos temas do foro e-Gallaecia
Santiago acolle dende hoxe e durante os próximos días a III Semana das Tecnoloxías da Información e a Comunicación. O foro tecnolóxico e-Gallaecia, que reúne a douscentos profesionais do sector, será un referente para os expertos en informática de España e Portugal.

>>Novo portal para o importador ou distribuidor dos productos españois en EEUU
O Instituto Español de Comercio Exterior estrea a web www.spainbusiness.com, co fin de promocionar a oferta española en EEUU. A promoción da oferta española continuirá co desenvolvemento dun portal [?] similar para o mercado chinés.

>>As PEMES galegas demandan un centro público de apoio no ámbito tecnolóxico
Empresarios e provedores cren positiva a existencia dun centro público que asesore as empresas na introducción das novas tecnoloxías. Esta é a principal conclusión da primeira fase do Proxecto QualyTIC, que pretende facilitar ás empresas galegas a elección de provedor de novas tecnoloxías.

>>Inscrición no curso gratuíto de comercio electrónico en Ourense
Vindeiro curso de comercio electrónico celebrado polo Centro de Competencias en Ourense, pertencente o programa formativo 2003. Datas de celebración: do 10 ó 12 de xuño, en horario de 16:30 a 20:30. Lugar: Centro Multimedia - Delegacion de Cultura (rúa Curros Enriquez nº1 Edificio da Torre).

O DATO

>>A mellora da imaxe corporativa, principal beneficio do comercio-e para as PEMEs galegas
Os principais beneficios que proporciona o comercio electrónico son, para as empresas galegas, a mellora da imaxe corporativa e o aumento da carteira de clientes. Curiosamente, a reducción de custos non é percibida como unha das grandes vantaxes do comercio-e entre as PEMEs galegas. O informe e-Barómetro 2002 Empresas así o constata.

INICIATIVA DA SEMANA

>>Os siareiros do Deportivo de A Coruña teñen na Rede a súa tenda
O Deportivo conta dende maio do 2000 cunha tenda oficial na Rede, www.deportienda.com, onde os numerosos seguidores do clube poden mercar os seus productos. A tenda ten especial éxito en aqueles países onde hai unha colonia importante de emigrantes galegos, que a través da Rede poden sentirse máis preto do seu equipo e da súa terra.

Baixa

Alta

Información

Suxestións

Solicitar revista