|
Boletín de Comercio Electrónico 19-05-03 |
|
>>Nace Kezoo.com para poñer a tecnoloxía ó servicio do deporte
A nova tenda virtual galega naceu o pasado martes co obxectivo de convertirse nun referente no sector dentro do mercado europeo, polo que conta cunha versión en inglés e outra en portugués. No seu catálogo poden atoparse gran variedade de productos tecnolóxicos con aplicación deportiva.
>>Mas, de Atiendes: "O comercio-e precisa un empuxón da administración"
Entrevistamos a Antonio Mas, fundador de Movizonia.com e secretario xeral de Atiendes (Asociación Española de Tiendas Electrónicas), que agrupa a unha vintena de empresas, moitas delas líderes no seu oco de mercado. Mas fai balance do pasado, do presente e do que lle agarda ó comercio electrónico en España.
>>O número de compradores por Internet duplicouse no 2002 en España
O volume de negocio alcanzado en España no 2002 no sector do comercio electrónico dirixido ó consumidor final (B2C) foi de 1.160.9 millóns de euros, segundo un estudio da Asociación Española de Comercio Electrónico (AECE).
>>Medra o B2C entre os internautas europeos que mercan con VISA
Os usuarios de Visa foron a clave da subida do comercio-e B2C en Europa no período 2001-2002. Visa International saca á luz información por sectores e predí que Europa será un dos expoñentes do comercio-e B2C nos vindeiros anos.
>>No 2002 investíronse en España 71,8 millóns de euros en publicidade na Rede
As compañías españolas aumentaron o seu gasto en publicidade na rede nun 1,1% no 2002, segundo un estudio da Comisión do Mercado das Telecomunicacións e a Asociación Española de Anunciantes.
|
|
| |
|
|
|
|
O DATO
>>O negocio B2B, un terreo por explotar para as empresas galegas
A pesar das boas perspectivas de negocio que ten o comercio electrónico entre empresas (coñecido como B2B ou “Business to Business), só o 6,4% do total de PEMEs galegas aproveitaron no 2002 esta canle para realizar negocios con outras empresas a través da Rede, segundo se desprende do informe e-Barómetro.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|