Centro de Competencias en Comercio Electrónico Proxecto e-minder Arquivo de boletins do Centro de Competencias




Boletín de Comercio Electrónico 12-05-03
>>Un mapa na Rede permite localizar ás empresas do concello de Mos
¿Como localizar unha empresa nun concello onde a poboación está dispersa nos seus 50 kilómetros cadrados de extensión? A Asociación de Empresarios de Mos atopou a resposta nas novas tecnoloxías, publicando en Internet un mapa virtual que ubica a todas as empresas que a integran.

>>A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural presenta a súa nova web
Na páxina pódese consultar toda a información relativa ó desenvolvemento rural en Galicia. Inclúe unha guía das axudas que xestiona a Xunta para o fomento das zonas rurais da comunidade.

>>A Real Casa da Moeda emitirá firmas electrónicas para empresas privadas
A Real Casa da Moeda-Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (RCM-FNMT) comezará a prestar servicios de certificación dixital de firma electrónicas ás empresas privadas a partir do vindeiro 1 de setembro.

>>O comercio electrónico creceu un 121% no 2002 en España, segundo a AECE
Os datos da Asociación Española de Comercio Electrónico (AECE) apuntan que no 2002 o comercio electrónico viviu un forte crecemento en España. O sector moveu 1.160 millóns de euros, segundo a AECE.

>>Óptize incrementa as súas vendas en Internet ó cen por cen
Óptize, portal [?] especializado en productos informáticos, facturou 2,5 millóns de euros no primeiro trimestre do 2003, o dobre da cantidade acadada no mesmo período do ano pasado. Ademais, nestes primeiros tres meses do 2003, Optize conseguiu reducir os seus gastos nun 30%.

>>Novo número de e-negociogalicia, adicado á factura electrónica
O Centro de Competencias vén de publicar un novo número da revista e-negociogalicia, que agora se centra na factura electrónica. A revista, de distribución gratuíta para empresas, pódese solicitar ou descargar na web do Centro.

O DATO

>>O B2C, empregado polo 8,4% das empresas galegas
Segundo o informe e-Barómetro Empresas, no 2002, o 8,4% das empresas galegas empregaban a venda cara ó consumidor final (B2C) como canle de negocio. Desta cifra de PEMEs que fan B2C, o 12,8% estima que as súas vendas on line no 2003 van supoñer entre un 5% e un 10% do total.

INICIATIVA DA SEMANA

>>Gadisline.com: o servicio de supermercado on line de Gadisa
Gadisline.com, supermercado virtual galego, é unha aposta da dirección de Gadisa para aumentar o seu servicio ós clientes. Cun investimento inicial de 600.001 euros, este proxecto atópase en fase de extensión. Máis datos sobre esta iniciativa no estudio de caso publicado na web do Centro de Competencias.
www.gadisline.com

Baixa

Alta

Información

Suxestións

Solicitar revista