|
Boletín de Comercio Electrónico 28-04-03 |
|
>>Mariscos Gallegos, premiado pola Asociación Marineda de Novos Empresarios
Mariscos Gallegos S.A. resultou gañadora do primeiro galardón da V Edición Premio Innova, concedido pola Asociación Marineda de Novos Empresarios. A través da web www.mariscosgallegos.com, esta empresa exporta e vende peixe e marisco a toda España.
>>Controlp aceptará pagos por correo electrónico e móbil
A empresa ourensá, que vende material informático a través da Rede, vén de asinar un acordo de colaboración con ePagado que permitirá ós seus clientes pagar por correo electrónico ou teléfono móbil. ePagado é un servicio de eBankinter que garante a seguridade no pago e o anonimato do cliente.
>>A empresa editora de Xornal.com obtivo beneficios no 2002
Xornal Galinet S.A., empresa galega editora do diario electrónico Xornal.com, volveu a obter beneficios no seu cuarto ano de funcionamento. Xornal.com, diario que só opera en Internet, sumou 240.000 páxinas vistas no pasado mes de febreiro.
>>28 lonxas galegas poden subastar peixe na Rede
A introducción das novas tecnoloxías nas lonxas permite participar nas subastas a través da Rede, ademais de facilitar o labor administrativo e de xestión. As primeiras lonxas que contaron con este sistema foron as de Portonovo e Redondela. En breve, cinco localidades máis contarán con estas tecnoloxías.
>>"Galicia CONVIDA" promociona on line a nosa comunidade
Galicia CONVIDA é unha iniciativa solidaria de Estrella Galicia que ten como obxectivo atraer o maior número de turistas a nosa comunidade empregando a Rede como medio de promoción. A través da web www.galiciaconvida.com pretende chegar a 500.000 persoas.
>>O comercio electrónico, alternativa para protexerse da neumonía en Singapur
O goberno de Singapur, para evitar os contaxios de neumonía asiática, recomenda ós seus 4,5 millóns de habitantes empregar Internet en servicios públicos e privados. As vendas on line aumentaron de xeito espectacular en toda Asia.
|
|
|
|