|
Boletín de Comercio Electrónico 21-04-03 |
|
>>Os productores de prantas ornamentais de Galicia súmanse á Rede
A Asociación de Productores de Prantas Ornamentais de Galicia (ASPROGA) ve na integración das novas tecnoloxías un xeito de mellorar a competitividade das súas empresas asociadas. En setembro deste ano lanzará á Rede a súa nova páxina web. O obxectivo final é ofrecer servicios de comercio electrónico.
>>Turgalicia promocionará en Internet o turismo galego
A empresa especializada en comercio electrónico Convierta Comercialización firmou un contrato con Turgalicia, entidade promotora do turismo galego. Esta experiencia servirá para promocionar o turismo na comunidade galega e calibrar os resultados de Internet como canle de promoción turística.
>>Pazos de Galicia fixo o 60% das súas vendas a través da Rede
Os bos resultados que dentro do portal [?] da Asociación Pazos de Galicia están a dar os seus 26 membros, impulsará que nos próximos meses esta Asociación invista 300.000 euros na mellora dos servicios que ofrece na Rede. Unha das novas ferramentas vai permitir facer contratacións on line.
>>A policia detén a tres persoas por vender on line productos dopantes
A venda de productos dopantes está prohibida en España, non só en establecementos físicos, senón tamén a través da Rede. Axentes do Corpo Nacional de Policía detiveron na localidade ilicitana de Torrellano a tres persoas que se adicaban a vender este tipo de productos por Internet a toda Europa.
>>O Centro de Competencias asesora ás Pemes galegas en comercio electrónico
¿Quere montar un negocio electrónico e non sabe por onde empezar? A web do Centro de Competencias ofrece unha ferramenta de servicio e asesoramento ás Pemes interesadas no comercio electrónico.
|
|
| |
|
|
|
|
O DATO
>>0 36,9% das empresas galegas tiñan web no 2002
Unha de cada tres empresas galegas tiña páxina web o ano pasado, segundo o informe e-Barómetro Empresas publicado polo Centro de Competencias. A evolución respecto do ano 2000 deixa ás claras o crecente interese das empresas galegas por ter presencia na Rede.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|